Buscar

Categorías

a barreira invisible . Tono Arias

14,00 € IVA incluído

Añadir a la cesta

Dispara 2015

Más detalles

a barreira invisible . Tono Arias

Texto: Rocío Brage

Edición limitada de 150 copias firmadas y numeradas


Edición especial de 23 copias con print 20x30cm (80 €)


15x18,5 cm
48 páginas
22 fotos
Tapa blanda
Galego/English

“A barreira invisible” e un traballo de Tono Arias que forma parte do proxecto “Adriano, Sesión Continua”, que a asociación cultural fotoforum Lumen, puxo en marcha no 2014 entorno o cine - abandonado - Adriano en Fene parroquia de Barallobre, Galicia, na que participan tamén outros 20 artistas.

O silencio explícao todo. Por algo bate o vento e non o escoitamos nestas imaxes de Tono Arias. Non o escoitamos cando toca leve o corpo material de figuras sen rostro. Non o escoitamos cando as bocas ausentes exhalan un alento de voces opacas. Palabras de plástico.
Esbardallamos berramos vomitamos monólogos interiores de páxinas borradas.
Idearios devorados hoxe pola nova bruxería dos escaparates, auténticos altares de a diario. Movémonos entre o que somos e o que mercamos para ser.
Mimetizámonos coas texturas e as porosidades das paredes desconchadas, semiocultos tras o oco dunha fiestra, dun muro ou dun segredo, propoñendo ao espectador un diálogo de miradas ou tal vez soamente silencios. Arquitecturas do olvido.
Véndese reino imaxinario, Adriano, cidade escura que intentamos habitar. No teu interior silenciosos camiñamos polos límites do baleiro. Ah! Quen te fará existir?

Rocío Brage