Esta pasada fin de semana Dispara estivo presente no festival  Estação Imagem , que se desenvolve na cercana vila de Viana do Castelo. Neste evento anual  catro fotógrafos galegos acadarón premio: Felipe Carnotto ,”incendio” mellor foto do ano, Jesús Madriñan “Despois de Roma” premio retrato, Xoán Soler “a emoción da chegada” premio noroeste penínsular e Gabriel Tizón “o suicidio dos refuxiados” mención especial.

Ademáis de premios, tamén hay actividades paralelas moi interesantes como as palestras ou debates este ano tivemos o privilexio de escoitar o director xeral do Wordl Press Photo, Lars Boering, así como con Bénédicte Kruzen da axencia NOOR. Outro dos atractivos do festival son as exposicións de carácter internacional que estarán abertas ate o 4 de maio (ainda podesdes acercarvos a Viana para visitalas): Prazeres sob Ocupação , de Tanya Habjouqa, Lugares de Silêncio de Bruno Simões Castanheira (premio bolsa 2016) , Regreso a casa de David Guttenfelder, Caminhos de esperança e desespero de Yannis Behrakis, Vírus Zika de Felipe Dana, Exílio de fotógrafos Magnum, podese ver tamén outras 7 mostras INAUGURO #54 de autores portugueses en disversos espazos do centro histórico.

O fotoperiodismo, está como o resto do sector fotográfico, a pasar  por un momento de convulsión e crise, as imáxes publicadas na rede ou nos xornais xa non producen os efectos de sensibilización esperados na sociedade (ou o menos iso parece, xa que non reaccionamos ante nada). Contemplar estas mismas imáxes nunha pantalla de cine ou nunha exposición fai que a posición do espectador reaccione ante estes acontecementos tan graves e a mirada muda necesariamente, podes adicarlle máis tempo a observación e reflexionar, ler os pes de foto, e realmente darte conta  da importancia do traballo dos, tantas veces  criticados, fotoperiodistas. O Festival Estação Imagem está a facer un traballo importante, e está moi preto de Galicia, invítovos a participar no certame e a achegarvos a esta cita anual en Viana do Castelo, alí poderedes darvos conta do que está a pasar no mundo, que non é pouco.

 

 

Deja un comentario