Entidade Singular de Iván Nespereira seleccionado a premio libro de autor en Arles 2026, el libro publicado por Dispara también ha sido seleccionado en PHE 2026.
Entidade singular é un termo empregado en demografía que o Instituto Nacional de Estatística define como calquera área habitable dun termo municipal —habitada ou excepcionalmente deshabitada— claramente diferenciada dentro do mesmo, e coñecida por unha denominación específica que a identifica sen posibilidade de confusión. No ano 2023 en Galicia había 30454 entidades singulares, o que representaba preto do 50% das existentes no territorio nacional.
Iván Nespereira utiliza esta definición para dar forma a un arquivo no que traballa percorrendo insistentemente o territorio no que vive dende o ano 2006.
Entidade Singular é un libro que propón unha viaxe por Galicia, unha procura da singularidade xeográfica que dá forma á rexión do noroeste de España. Entidade singular foi recoñecido no ano 2024 co IV Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, creado e impulsado por FFoco, Festival de Fotografía da Coruña, co obxectivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega.