Welcome é o segundo proxecto de Dispara, neste caso invitamos a  todos ós fotógrafos e artistas que utilizan a fotografía como medio, e que desenrolan o seu traballo en Galicia.

Este proxecto estará incluido na programación do Outono Fotográfico 2012, e plasmarase nunha exposición que se inaugurará na Galería Dispara da Estrada durante os meses do Outono (fecha por confirmar).

O motivo fundamental deste proxecto é facer un homenaxe á POSTAL , o que pretendemos e que nos envies a túa POSTAL de Galicia, dende unha visión persoal e totalmente libre.

As imaxes, podes envialas a dispara@dispara.org faremos unha selección de unhas 60/70 Postais coas que conformaremos unha exposición itinerante, e da que imos intentar editar un catálogo.

Non perdas máis tempo, envia xa as túas propostas, precisamos ter as imáxes antes da primeira semana de setembro.

Deja un comentario