Na galería Dispara inauguramos a partires do dia 19/10/012 venres a exposición “Dispar” con fotografías de Cé Tomé.
Estades invitados compartiremos un viño e contaremos coa presencia de Dj RDST e Mister Choco.

A mostra “DISPAR” é unha recopilacion de fotografias pertecentes a varias series distintas, algunhas xa amosadas anteriormente (CASO PECHADO), outras ineditas ate agora (WE ARE THE ROBOTS & MIÑA SOMBRA, MEU ESPELLO & ANTROPOMORFOS) e unha instalacion especifica. A idea de amosar pezas de varias series na vez de centrarse nunha so, como soe ser habitual, xurdiu do xogo de palabras oculto no propio nome da galeria DISPARA-DISPAR (A).

CASO PECHADO
Portas e xanelas tapiadas, máis que pechadas , máis que fechadas, pero non anuladas. Vestixios da historia e de historias, rastros do vivido e rexeitado, imposibilidade de volta atrás, negacion da historia, cuberta dun libro que non se pode abrir, o portazo definitivo…
Algunhas tapadas ao bruto, con urxencia. Outras con arte e delicadeza, pero aínda así deixando constancia de que alí houbo unha entrada/saida. E mesmo outras tapiadas hai tanto tempo que unha nova historia escomenza a se deixar ver sobre a negación da historia previa (por exemplo as que foron grafiteadas a posteriori, ou as dos Balcáns, que amosan rastros dos impactos do conflicto bélico).

WE ARE THE ROBOTS
“Din algunhas voces documentadas que os avances tecnoloxicos estanos a levar cara a unha sociedade controlada polas computadoras. Eu coido que os robots xa estan aquí, entre nos, agochados nos lugares mais insospeitados…”

MARCO
Esta é unha peza realizada especialmente para esta exposicion, de feito é unha instalacion que se montara “in situ” na galeria.

MIÑA SOMBRA, MEU ESPELLO
Cando un se olla reflexado no espello a imaxe que de seu contempla é a inversa da real, mentres que a sombra de un, a pesares de ser so silueta, si se corresponde direitamente co propio corpo. Que aconteceria entonces cunha “sombra-reflexo”? Seria esa, se cadra, a imaxe mais cercana ao “real”?

Deja un comentario