WELCOME

Welcome, benvidos (ou debería de decir Willkommen, uhh…non sei…) señoras e señores (o feminino primeiro que queda moi ben…) sexan vostedes ben achados.

Benvidos a un país crítico, irónico, poético e persoal (persoal quer dicir que é meu, non teu.., que é o que eu son, non o que es ti…) – teño que estar sempre explicándolle todo, é un pouco corto e tarda en pillalas, perdoen as molestias (molestias: é como cando dis ti «perdoa que te lapou unha vaca» vale..) –

Benvidos ás bolsas de plástico nas beirarrúas, ás casas sen recebar, aos hórreos caídos, aos elefantes brancos e ás fundas azuis (esto non llo podo explicar, esta xente ten présa e non temos todo o día), ao saqueo, ao abandono, aos cans (os soltos e os presos), ao tira e afrouxa, ás festas de Arbo, á néboa, á retranca, ao reciclaxe eterno, á inventiva espontánea, ao retraso do retraso, á lentitude, ás tartarugas, á visión desenfocada (que non deixa ver a paisaxe nítida), ao país das vacas e dos xabarís (os xabarís son eses bichos que andan pola noite e que si te cruzas no seu camiño estrágante en anacos.), ao país da sesta, dos lumes e da auga, o dos afiadores de coitelos, o do polbo, (á feira ho!… o outro é só para as estatísticas, e parece que neste eido os portugueses gáñannos por goleada), o país da festa interminable (pero non din que hai crise/crisi/crisis?; pero de onde sacan estes tipos os cartos para tanta festa de diós?), o país da roupa tendida, dos gatos pintados, das tabernas, dos anuncios de vodas, dos xantares.

Benvidos a Galiza. (Galiza é Galicia parece mentira que che teña que explicar isto…)

Señorías, xa non lles molestamos máis, aquí lles deixamos unha morea de imaxes, non son todas as que hai pero si son as que son.

Tono Arias

FOTÓGRAFAS E FOTÓGRAFOS PARTICIPANTES

Amador Lorenzo, Ana Rello, Andrea Louzao, Antón García, Carla Fernández Andrade, Carolina Martínez Rodriguez, Carlos Puga, Cé Tomé, Che (Xosé Lois Vázquez), Delmi Alvarez, Isabel Maestu, Ivan Díaz Nespereira, Jorge Meis, Jose Angel Villar Paz, Jose Luis Abalo, Jose Luis Oubiña, Jose Paz, José Romay, Manolo Martínez, Marcos Míguez, María Quemasda, Miguel Muñiz, MIguel Riopa, Miguel Vasconcellos, Mónica Irago Sobrino, Nieves Loperena, Olga M. Salecnac, Palmira Castro, Pedro Eliseo Agrelo Trigo, Pepe Paz, Roberto de la Torre, Ramón Leiro,Roberto Ribao Fernández, Sergio Roche, Tono Arias, Tono Carbajo, Tony Ruibal, Vari Caramés, Virginia Papila, Vítor Nieves, Xosé Lois Gutiérrez Failde,Xulio Villarino,Xosé Marra

Deja un comentario