Con motivo do 75 aniversario do fusilamento dos máximos representantes do pobo estradense elixidos democraticamente o 5 de xuño de 1937, a Asociación Cultural “Vagalumes”,  levou a cabo unha actividade na súa honra de difusión da nosa memoria histórica coa presentación  en Dispara  de dous libros que constitúen achegas moi importantes para iluminar o noso recente pasado e no que colaboran autores estradenses (David Otero e Xoán Carlos Garrido): “A guerrilla antifranquista galega. Actas do Congreso” e “Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano”. Ademais dos devanditos escritores estiveron presentes os seus editores. No primeiro caso da Asociación Cultural “Alexandre Bóveda” da Coruña, coa presenza do seu presidente e editor do libro, e a participación do neto de Alexandre Bóveda  Valentín. E no referente ao congreso da Guerrilla, contamos tamen coa intervención do presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña Fernando Souto. Como remate a este acto actuou o grupo musical “A Quenlla”.

Deja un comentario