Programa da próxima actividade que se desenvolverá en Dispara:



P2P A ESTRADA – Encontro de Fotografía Contemporánea é un evento que forma parte das actividades paralelas da exposición P2P, organizada por 30y3.com e incluida na programación oficial do festival Photoespaña 2014.

Este encontro reúne a diferentes axentes implicados na escea fotográfica galega e celebrarase o domingo 27 de xullo de 2014 na Galería Dispara de A Estrada.

As actividades a celebrar ese día son todas gratuitas pero algunhas teñen prazas limitadas polo requiren de inscripción. A continuación vos informamos da programación e dos pasos a seguir para participar nelas:


MARATÓN FOTOGRÁFICA PARA NENOS E NENAS (Coordinado por Rubén Rodríguez de Torres)

Saída ás 11h da galería Dispara (rúa Virxinia Pereira 4) e final ás 18.30h

Poderán participar rapaces de entre 6 e 12 anos. Será necesario que conten cun dispositivo dixital capaz de facer fotos (móbil, cámara etc…)

Os rapaces recibirán encargos para fotografar temas secretos e outras probas que facer durante o día. No fin da tarde cada rapaz recibirá unha publicación coas suas imaxes e entregaranse premios ás mellores fotografías, aos fotógrafos mais rápidos, aos máis lentos etc…

Número de participantes: máximo 15

Inscripcións: rubenrdetorres@gmail.com


10-13h AULA ABERTA: PRESENTE E FUTURO DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA

Moderada por Xosé Lois Gutiérrez Faílde e Luis Díaz Díaz. Coa presenza como convidados de Carla Andrade, Vari Caramés, Ania González, Enrique Lista, María Marco,Paula Cabaleiro, Tono Mejuto, Joan Morera y Manuel Sendón.

Debate aberto ao público



13-14h e 16-17h MICROTALLER DE EDICIÓN “STREET VIEW” (Impartido por Fabulatorio)

O obxectivo do taller é elaborar un fotolibro colaborativo, pasando por tódalas fases habituáis da edición (elaboración de fotografías, edición, impresión e encadernación). Para isto, a partir duna das modalidades clásica da fotografía – A fotografía de rúa – o taller propón realizar unha micro-cartografía ou mapeado fotográfico da rúa Virxinia Pereira a través das fotogafías dos participantes no taller.

Número de participantes: máximo 20

Inscripcións: fabulatorio@gmail.com


17-17.30h SUBASTA DE PRODUCTOS FOTOGRÁFICOS

Dirixida e animada por Carolina Martínez Rodríguez e DJ 30y3

Subastaranse lotes de productos (libros, cámaras etc…) doados polos participantes no encontro (tí tamén podes participar facendo unha doazón! : ) Os beneficios irán destinados a cubrí-los gastos derivados da organización da xornada.


17.30-18.30h PROXECCIÓN E PRESENTACIÓN DE FOTOLIBROS

Proxección do film “Tauromaquia” de Julián Barón

Presentación do libro e proxección do audiovisual “Arquitectura y Resistencia” de Nicolás Combarro


18.30-20h ENCONTRO DE EDITORES

Moderado por Tono Arias coa presenza como convidados de Fabulatorio, Difusora de Letras, Artes e Ideas e Centro de Estudios Fotográficos (Cef)

Debate aberto ao público


20h BOOKJOCKEY

Presentado por Rubén Rodríguez de Torres (Photobook Club Vigo)


Para ter información actualizada dos talleres e do resto das actividades poderes consultar a páxina do evento en facebook
P2P

Para confirmar a vosa asistencia ao encontro, por favor, escribide a:  dispara@dispara.org

Moitas gracias a tod@s

Deja un comentario