Ate primeiros de setembro, en Dispara. (horario de maña de 9 a 14h – pola tarde concertar cita durante agosto)

New Land presenta un contexto instalativo enmarcado na idea dun territorio universal. Os materiais que lle dan forma foron creados empregando como modelo a natureza máis inmediata. Ao mesmo tempo os compoñentes resultantes, encóntranse en estados de agregación da materia non convencionais. A pedra establécese como o elemento base do territorio, sendo esta o eixe vertebrador do proxecto. Pártese dende a observación directa da realidade coa fotografía, ata a elaboración de estratos configurados con materiais que non se poderían dar na natureza. Cada peza que se suma ao conxunto orixina unha nova capa que constrúe os cimentos dun modelo universal.

Lois Cid (Ourense, 1993) titulado como técnico Superior en Fotografía Artística pola EASD Antonio Failde de Ourense, actualmente está cursando Belas Artes na UCLM. Formouse ao mesmo tempo con fotógrafos e artistas como: Charlotte Dumas, Erik Kessels, Virgilio Ferreira, David Jiménez, Jose Manuel Navia e María Cañas entre outros. Participou co fotolibro “Notas” na 26ª edición dos Encontros da Imagen de Braga, e máis recententemente formou parte da exposición colectiva “Layers” en Amsterdam, no espazo Li’l Amsterdam. Ademáis tamén realizou unha exposición individual co traballo New Land na galería XPO de Enschede.

 

Deja un comentario