Para comprender esta mensaxe, deberase imaxinar outro mundo. Deberase imaxinar un mundo entre este e o de despois. Deberase imaxinar unha realidade paralela, e dun xeito real e ficticia ó mesmo tempo. Unha realidade inmersa nun mundo de sombras e pouca claridade, onde contornos e figuras fúndense nun mesmo espazo movidas polo azar. Sombras sedentas que se achegan ós recunchos de luz en busca de contacto coa realidade.
Imaxina unha paisaxe, natural ou urbá, pero imaxina que é vista a través dun cristal embazado, sucio e con rallazos, que distorsiona os raios de luz que entran, empobrecendo as figuras e siluetas xunto cos seres que a pobran. Un cristal constantemente limpado coa manga dunha prenda, pola acción do bafo que tinta os cristais continuamente.
Inspirado dalgún xeito na Nova Narrativa Galega, pode apreciarse un símil con este tipo de narrativa, mesmo na forma de contar as cosas dunha forma difusa e imprecisa. É tamén un intento de tratar de imaxinar ou representar os ecos doutros posibles mundos, esas reflexións distantes pero cercanas ó mesmo tempo que poderían acontecer.
BIO
Francisco Filgueira
Nacido en 1993. Despois de estar un ano na Facultade de Filoloxía e Tradución deVigo, comezo a estudar na Escuela de Imaxen e Son de Vigo ata a actualidade para ser técnico de son.
Comenzo as miñas andanzas no mundo da fotografía nos primeiros meses do ano 2014 cunha cámara analóxica prestada. Apaixonado e fascinado, empezo a aprender de forma autodidacta e constante o manexo de cámaras, procurando estar sempre en compañia dunha. Disparo por amor ao arte fotográfico sen presentarme a concursos, e preferiblemente en analóxico se é posible. Revelo e proceso as miñas propias imaxes, preferiblemente en branco e negro. A pesar de non levar nin un ano disparando, a miña paixón é sincera intentarei seguir con ela.