Encarnados é un proxecto fotográfico arredor do Entroido en Galicia, no que o fotógrafo Tono Arias leva traballando máis dunha década. Logo de realizar miles de imaxes, o resultado son tres fotolibros, unha colección de postais e tres carteis. Encarnados, DesXeo e Preto, estos son os títulos dos tres volumes, cun deseño é unhas imaxes coidadas e orixinais o autor presentanos un percorrido visual as veces absurdo, desordenado, irónico, anárquico e intuitivo.

Fotolibro Encarnados

  • Impresión Offset Munken print white 90 grs.
  • Encuadernación: A caballete cosido singer
  • 64 páginas, + 2 dípticos  24×32,5 cm / 500 copias firmadas y numeradas

Encarnadas, posuídas, comedoras de carne, famentas, libres. A construcción dun particular relato visual sobre a forma e a cor, pequenas secuencias, narracións breves, haikus imaxinarios. Fotografías á marxe do explícito que tentan atraer, murmurar. Imaxes imprevisibles que vibran nun campo magnético entre a mirada e o mundo.

Fotolibro Preto

  • Impresión en Gardapt Kiara 150 gr
  • Encuadernación: Suiza, tapa dura
  • 64 páginas 16,5×22,5 cm / 500 copias firmadas y numeradas

¿Quen somos? ¿Somos un espello onde se reflicte outro espello? ¿falso, verdadeiro? Todo vale… Preto son retratos realizados o anoitecer neses espacios balerios onde transcorre a vida cotiá dos seus protagonistas. Un diálogo co medio rural para descubrir a beleza na singularidade das persoas que se amosan dun xeito espontáneo e sinxelo ante a cámara. Unha búsqueda inquietante entre a ficción e o real.

Fotolibro DesXeo

  • Impresión offset Munken print 150 grs.
  • Rústica con sobrecubierta
  • 80 páginas 23×29 cm / 500 copias firmadas y numeradas

Corpos cheos de po branco. Po que limpa, purifica, reinicia. Unha catarse colectiva, unha sesión de psicoterapia natural. Coma a auga no DesXeo, a fariña percorre os corpos provocando múltiples sensacións, dando lugar a imaxes, emocionais e abstractas, cheas de perplexidade e incertidumbre. Experiencias sensoriais cercanas atrapadas en fragmentos de luz artificial.

Postais

  • Colección de 18 postais 10,5×14,8 cm impresas en cartulina brillante 300 gr.
  • Edición limitada de 500 copias (entrega en caixa de cartón reciclado)

Retratos das máscaras tradicionais galegas dentro do propio contexto familiar, unha visión máis íntima e cercana a vida cotiá destas personaxes.

Para poder editar este traballo desde Dispara poñemos en marcha esta nova web de crowdfunding, https.proyectos.dispara.org con esta ferramenta  imos tentar editar diferentes proxectos, fundamentalmente fotolibros, pero tamén outros que levan xa tempo deseñados e que pensamos  son importantes para a sociedade e para nós. Aquí estamos abertos sempre a novas ideas que poidan xurdir de maneira individual ou colectiva, boas ideas ás que mereza a pena adicarlle esforzo para sacalas adiante.

Por elo aquí pedimos a vosa colaboración para estes proxectos e os que virán, convértete en mecenas, faite cómplice da supervivencia da cultura, apoia os nosos proxectos.

Destino das aportacións

A recaudación axudará a producción do proxecto, fundamentalmente ós gastos de impresión, todas as recompensas inclúen envío nacional (excepto ás copias enmarcadas) para os pedidos internacionais e copias enmarcadas contactaremos cos mecenas para resolver a forma de entrega.

Deja un comentario