Xa temos nas mans as primeiras copias da maqueta do libro de David Barreiro BEHIND THE WATERFALl, estamos moi contentos como quedou imos a realizar algunhas correcións e de seguido imprimiremolo en offset. Esperamos telo antes do verán. Podedes ollar esta maqueta na exposición que se inaugura hoxe venres no CGAC as 20h, “EDITA” onde se mostran os traballos de catro editoriais e por suposto a dos fotógrafos que teñen editado :



Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Patricia Almeida, Tono Arias, David Barreiro, André Cepeda, Dispara, Luis Díaz Díaz, António Júlio Duarte, José Pedro Cortes, Fabulatorio, Ghost, Xosé Lois Gutiérrez, Pierre von Kleist, Reinaldo Loureiro, Jesús Madriñán, Tono Mejuto, André Príncipe, Simona Rota, São Trindade.

6 marzo – 14 xuño 2015

A partir da experiencia e do recoñecemento de catro editoriais galegas e portuguesas (Dispara, Fabulatorio, Ghost e Pierre von Kleist), esta exposición constrúese en base á complicidade que se establece entre o acto creativo e a súa posterior edición. Cunha longa historia consolidada na modernidade como relato fundamental na construción dunha idea de mundo, a fotografía impresa en libro desafía a narratividade textual e distánciase da aura de obxecto único. É na intersección entre a imaxe/exposición e a imaxe/narrativa que a fotografía contemporánea ten demostrado máis eficazmente a súa relevancia no amplo campo das artes visuais.


Deja un comentario