Para celebrar o día da fotografía estenopeica – Pinholeday.org – Dispara organiza nun fin de semana dous talleres de fotografía, un deles dirixido a os máis cativos pero onde ten cabida todo tipo de persoas que queiran construir a súa propia cámara de cartón.

O outro taller dirixido tamen a calqueira persoa interesada na fotografía e nas técnicas antiguas, tratase de construir unha cámara estenopeica, a TOSCA, un pouco máis sofisticada, usando cartón e outros materiais, os talleres incluen todo o material preciso para os mesmos e cada alumno quedará coas súas máquinas contruidas no taller, así como os carretes e o material revelado durante os talleres.

Podedes reservar prazas en dispara@dispara.org ou no teléfono 986584909 / 661494978

Descarga taller TOSCA

Descarga taller ESTENOPEICA nen@s

Deja un comentario