.

.

Boas Noites . Jesús Madriñán

45,00 €
Impuestos incluidos

Fabulatorio

Cantidad
Últimas unidades en stock

«Boas Noites» é unha colección de retratos tomados en locais de ocio nocturno no rural galego. Esta serie, nacida como continuación profesional e vital da serie «Good Night London», pretende documentar a realidade deses espazos acompañando os retratos con imaxes da natureza que os rodea realizadas a poucos metros dos locais.

— Jesús Madriñán

Boas Noites

Publicado: 30/07/2015

Tirada: 350 numerado / asinado

Textos:David Pérez Iglesias

Traducción inglés: Thomas Mallet / Helena Miguélez Carballeira

Idea editorial:Jesús Madriñán / Cibrán Rico / Suso Vázquez

Edición:Cibrán Rico / Suso Vázquez

Deseño:desescribir

Páxinas:92

Tamaño:210 x 270 mm

Idioma:Galego / Inglés

Impresión:Offset + verniz mate con reserva

Encadernación:Tapa dura

ISBN:978-84-940115-5-9

[...] A mocidade está disposta a todo por pertencer, por ser acollida no grupo. Son migrantes, chegaron ao seu corpo como a un novo territorio; un territorio descoñecido cuxa exploración pende do outro. A viaxe non foi fácil: atravesaron a indefensión ante a realidade, a carencia de respostas, o adeus á infancia, o adeus á protección, á casa. O mundo vólvese o territorio das certezas cando antes era o das confianzas. Todos os límites escachan. Os lugares da infancia son os teus lugares, o adolescente é un ser expropiado do espazo que foi seu. Todo de súpeto é alleo. Tamén o noso corpo resulta alleo. Está de máis, está de máis mesmo dentro de si; a miúdo incómodo, a miúdo irascible. Tendemos a esquecer coa idade o valor que nos foi necesario, a incerteza, o esplendor, o desexo, a forza orgánica que nos impulsou ao encontro do outro. Porque a mocidade só se pode atopar no outro; o outro é quen nos desvela, o que nos retrata. Sexa o outro o amor, ou as substancias que desartellan a vella orde da infancia e nos abandonan ao azar de pulsións descoñecidas. O tempo comeza a contraerse, é a hora da urxencia; da insatisfacción, todo é necesario. Por iso, cando miramos estes retratos, ollamos, en certa maneira, nun espello crebado. Parte dos seus fragmentos reflicten o que algún día fomos e dorme en nós, coma unha pantasma que nos interroga sempre: quen es ti?; que fixeches de ti? E esa é unha cita ineludible da idade adulta. Dalgunha maneira, estes mozos miran aos ollos do adulto que serán un día: e nese sentido a súa ollada, a súa pregunta, é demoledora.

— David Pérez Iglesias (Extracto do texto Emerxen do escuro, como flores da noite)

1 Artículo
2018-01-29

Productos relacionados

Otras personas también se interesaron por estos títulos