.

.

Virxilio Vieitez álbum

35,00 €
Impuestos incluidos

CEF

Cantidad
Últimas unidades en stock

O fotógrafo Virxilio Vieitez nace en Soutelo de Montes (Pontevedra) no ano 1930, e aos dezaoito anos vai traballar como mecánico aos Pirineos, onde compra a súa primeira cámara, unha Kodak de caixón de formato 6x9, para comezar a fotografar as paisaxes e retratar os seus compañeiros de traballo. Posteriormente trasládase a Cataluña, traballando en Palamós como empregado do fotógrafo Julio Pallí. No ano 1955 regresa a Soutelo de Montes para se establecer profesionalmente, facéndose coa clientela de toda a Terra de Montes e traballando en diferentes vilas e aldeas como Cerdedo, Avión, Beariz, Forcarei…

Nos seus retratos, caracterizados pola frontalidade e polo estaticismo, chama a atención a excepcional capacidade de Virxilio para lograr plasmar unha gran expresividade dos suxeitos fotografados, presentándoos sempre cunha gran dignidade. En ocasións traennos á memoria a Paul Strand, August Sander, Walker Evans ou a Diana Arbus e a Richard Avedon, dos que el non tiña a máis mínima referencia.A obra de Virxilio Vieitez foi estudiada polo dentro do proxecto de investigación "Dous aspectos da fotografía en Galiza. 1950-65" financiado pola Universidade de Vigo, e contou coa colaboración da filla do fotógrafo Keta Vieitez

Virxilio Vieitez álbum

ISBN: 84-87882-09-9.

Data: 1998. Edición bilingüe: galego-inglés.

Fotografías: Virxilio Vieitez.

Texto: M. Sendón e X. L. Suárez Canal.

Ilustracións en bitono. 176 páxinas.

Formato: 22 x 16 cm. Cartoné forrado en tea.

1 Artículo
2018-01-01

Productos relacionados

Otras personas también se interesaron por estos títulos