RAZA
“Espazo breve de tempo no que loce o sol nun día de choiva”
Despois de máis dunha década, por os montes de Galicia na procura de imaxes, un acaba quedándose co proceso, xa non importan as fotografías, o importante é o tempo e o espazo percorridos.
“Non estou interesado en captar unha realidade concreta, eu tento usar a fotografía como medio para explorar as relacións do home co medio, en Raza as imaxes quero que funcionen como incógnitas dentro do relato, arquetípicas, que non quede claro o que está a acontecer, suxerir e non contar, vou a procura do invisible, convidando o espectador a unha experiencia alternativa. Trato de realizar un traballo que adquira unha dimesión universal, máis abstracta, que fale sobre sobre a humanidade, pero creo que finalmente é inevitable acabar falando dun mesmo.”
RAZA . Tono Arias
500 copias firmadas y numeradas
Edición especial de 50 copias con print 20×30 cm
Tirada: 500 ejemplares
PVP: 45 €
Formato: 24x30cm
Cubierta: Tapa dura + golpe en seco.
Interior: 160 páginas
Papel: Munken Lynx Roug 150grs. / 90 grs.
Impresión: cuatricomía 4/4 tintas offset
Encuadernación: Tapa dura cosida. Lomo redondeado.
Exposición
Nos montes de Galicia celébranse dende fai moitos anos as rapa das bestas. O autor desta proposta leva xa máis dunha década documentado esta tradición para o proxecto Raza, que xa é unha realidade en forma de fotolibro e exposición e no futuro será unha curtametraxe.
Cada ano, durante os meses de verán os homes e mulleres dalgunhas zonas do rural galego suben o monte a sanear os caballos que se atopan vivindo en liberdade (desinfección, corte de crines, marcaxe de poldros e venda de animais). Este encontro do home e o animal é o que se vai a documentar neste ensaio visual. Raza quere tamen afondar na realidade social do rural de Galicia para reflexionar
sobre outros conceptos máis universais. Centrarémonos na relación que o ser humano ten cos animais, neste caso cos cabalos e consigo mesmo, para falar sobre cousas máis xerais: o modo de vida, a memoria, a soedade o territorio e a súa transformación.
Pretendese construir un relato composto de imaxes con certo enigma, hibridandoas con outras fotografías máis abstractas, de corpos e texturas que se misturan e que pretenden trasladar o espectador a unha dimensión paralela.
A eposición en Dispara xa ramatou pero é posible a súa itinerancia, si vostede quere contar con esta mostra pode contactar en dispara@dispara.org ou no tel +34661494978