Dentro das actividades do Photobook club Galicia, presentase en Dispara (22-07-2017, 17.00h) un novo proxecto de fotolibro tratase de  Iván Nespereira e de «Nueva Galicia».

Este proxecto, no que Iván estivo a traballar un longo periodo de tempo, rexistra os rastros de dous movementos. A árbore do caucho, 70000 semillas foron transportadas desde Brasil a Inglaterra por o explorador británico Henry Alexander Wickham a bordo do barco Amazon Ship en 1876, o que permitiu que a especie se extendese por todo o mundo. E por outra banda o grupo de europeos que migran o Amazonas, atraidos por a auxe económica que xerou a extracción do caucho entre 1850 e 1920, e que se asentan en diferentes poboacións nas marxes do río Amazonas.

Deja un comentario